Galicia

Aumenta en preto de 8.000, en so un ano, o número de galegos que viven no estranxeiro

O número de galegos que viven no estranxeiro aumentou ata os 511.830, degundo datos correspondentes ao 1 de xaneiro deste ano feitos públicos este mércores polo INE, dacordo co Padrón de Españois Residentes no Exterior (PERE). O ano pasado eran 503.840 os galegos que vivían fora, un número que aumentou en 7.990 persoas en so un ano.

Polo que se refire ao conxunto do estado, hai 2.406.611 españois que residen fora do país, polo que un de cada cinco que viven no estranxeiro está empadronado en Galicia.

Dos 511.830 gallegos que viven fora, 146.785 naceron en Galicia, 789 menos que hai un ano,  cuando eran 147.785, e aumenta o número de galegos residentes no estranxeiro que xa naceron fora de Galicia, e que son 356.712, o que supón 8.675 persoas máis que en 2016, cando había 348.037 galegos residentes e xa nados no exterior.

Os galegos residentes no estranxeiro viven nos cinco continentes-, 399.425 en américa; seguidos de los que residen en Europa -108.14–, en Oceanía -1.922-, en Asia -1.341- e en África -997-.

Por países, no continente americano destacan os que residen na Argentina -172.948-, Venezuela -43.975- e Cuba -40.750-; en Europa se concentran en Suiza -40.983-, Francia -18.963- e Alemaña -17.023-.

En África, 213 galegos viven en Sudáfrica e 146 en Marrocos, mentres que en Asia encabezan a lista los residentes en China -250-, Emiratos Árabes -199- e Xapón -113, ademáis hai 1.848 galegos vivindo en Australia.

También te puede interesar