Galicia

@salvamentogob rescata aos 8 membros da tripulación dun pesqueiro que estaba en chamas fronte a Cedeira

Membros de Salvamento Marítimo rescataron, pasadas as 6 e media da tarde deste martes, aos oito tripulantes do volanteiro ‘O Busi’, que ten a súa base no porto de Cedeira, logo de que se declarase un lume na sala da máquinas.

Logo de que se recibise o sinal de auxilio, despegou cara a zona na que se atopaba o barco, o helicóptero Helimer 215 dende o cal avistaron aos mariñeiros nun bote salvavidas e procederon ao seu rescate.

También te puede interesar