vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia en contra da LOMCE e dos recortes en Educación

Posted by on Mar 9th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Milleiros de persoas, entre eles alumnos, país e nais, e profesores saíron este xoves ñas rúas das grandes cidades de Galicia, atendendo o chamameto feito pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, contra  a LOMCE, os recortes no ensino público, para que se restitúan os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación.

En Vigo, os manifestantes saíron da Praza de América e seguiron ata a Porta do Sol para demandar unha nova lei educativa que teña todo o apoio político e social ademáis dun pacto educativo, logo da suspensións das reválidas.

Para a Plataforma Galega  en Defensa do Ensino Público o chamado “pacto pola educación”, proposto polo Partido Popular, é un engano e unha farsa cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE. “En Galicia non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada”.

No manifesto, ao final da movilización, pediuse, entre outras decisión, a derrogación da LOMCE e das súas reválidas e a elaboración dunha lei galega de educación; a defensa inequívoca do ensino público, galego, laico, coeducativo e gratuíto; o recoñecemento e asunción da pluralidade nacional, cultural e lingüística do Estado para poder conformar un sistema educativo galego, enraizado na nosa realidade social, cultural, histórica e lingüística; o compromiso de dedicar o 7% do PIB á Educación; a eliminación inmediata das subvencións aos centros que segregan alumnado por razón de xénero, co obxectivo de suprimir os concertos no ensino non obrigatorio e continuar co resto dos concertos educativos para conseguir unha única rede, a pública; a redución das ratios máximas do alumnado por aula: 15 en educación infantil e 20 no restos dos niveis educativos e a redución destas cando se escolarice alumnado con necesidades especiais; a gratuidade e oferta pública suficiente de prazas en educación infantil de 0 a 3 anos; derrogación do Decreto 79/2010 de plurilingüismo e elaboración dunha nova norma que garanta a vehiculización do ensino en galego para a plena normalización lingüística; eliminación da materia de Relixión do currículo escolar ou dotación de suficiente profesorado en todos os niveis educativos que garantan a atención á diversidade e a unha educación adecuada, co persoal necesario, ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM