Máis de 60 cidades de todo o Estado esixen ao Goberno que cumpra co seu compromiso de acollida de refuxiados | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de 60 cidades de todo o Estado esixen ao Goberno que cumpra co seu compromiso de acollida de refuxiados

Posted by on Mar 5th, 2017 y archivado abajo Destacados, Nacional. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Mais de 60 cidades de toda España mobilizáronse este sábado 4 de marzo como localidades de acollida, nunha iniciativa organizada por Amnistía Internacional para lembrar ao goberno central que é necesario que cumpra dunha vez por todas cos seus compromisos en materia de re-colocación e re-asentamento.

Das 17.337 persoas refuxiadas que ata setembro deste ano comprometeuse a acoller cos seus socios na Unión Europea, só chegaron 1.141 ata o momento. Ademais, España atópase á cola de Europa, xa que con 15.760 solicitudes recibidas en 2016 faise cargo tan só do 1,2% das de toda Europa, fronte ás 745.150 de Alemaña, que supoñen o 60%.

“A pesar das iniciativas cidadás e a pesar de que hai un berro social de solidariedade coas persoas refuxiadas, o Goberno segue coas súas cifras ridículas”, asegura Antía Pérez Lorenzo, portavoz de AI Vigo

No último mes a organización dirixiuse a 300 concellos de distinto tamaño e distribuídos por todo o territorio preguntándolles polas prazas dispoñibles. Deles, 55 municipios ofreceron polo menos 2.557 prazas, demostrando, unha vez máis, que España está disposta a acoller e que só falta que o Goberno dea o paso. Entre os Concellos que ofreceron prazas de acollida atópanse Ourense, Santiago. Castelló, Alacante, Rianxo, Ribeira, Manzaneda ou Móstoles, gobernados por distintas forzas políticas.

Localidades como Santiago, Ourense, Lugo ou Ribeira mobilizáronse dentro da acción #InauguramosCiudad, na que se convidou aos Concellos para facer públicas as cifras de acollida de persoas refuxiadas que poñen a disposición do goberno central, que é o responsable das decisións en materia de asilo.

“Estas cifras reflicten a disposición a favor da acollida que teñen os concellos. Por iso queremos facer chegar esta mensaxe ao goberno central: é hora de que asuma a súa responsabilidade porque España pode e debe acoller máis persoas, e darlles a benvida que se merecen”, declara Antía Pérez Lorenzo, portavoz de AI Vigo.

Cidades como Vigo, A Coruña ou Pontevedra, movilizáronse e, incluso, as autoridades participaron nos actos, coa excepción de Pontevedra; non obstante, non quixeron facer público o número de prazas mínimo a disposición das persoas refuxiadas. “Agardamos que nos próximos meses as autoridades de estas cidades fagan publicas as súas cifras para que o goberno central avance na dirección correcta e se muden en accións os discursos a favor das persoas refuxiadas” engade Antía Pérez Lorenzo

En Vigo o acto celebrouse na Praza da Princesa, ao pé do Concello Vello. O artista vigués Cándido Pazó foi o presentador do mesmo, que rematou cunha actuación de gaita. En Ribeira co Coro de nenos de Voces das Sartaxas. En Madrid levouse a cabo na Praza Cibeles, e contou co apoio de personalidades do mundo artístico ou xornalístico, como Aitana Sánchez-Gijón, Olivia Molina ou Rosa Villacastín. En Barcelona, a praza Sant Jaume encheuse de casas de cartón para simbolizar que é necesario que se axilice a chegada das persoas refuxiadas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM