Cultura

Educación repite que ten intención de convocar en xuño 1.043 prazas de profesores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou este xoves unha proposta de 1.043 prazas docentes aos sindicatos de profesorado…ainda que esta Oferta Púbrica de Emprego estará condicionada ao que pase no conxunto do Estado.

Esta condición poderá cumprirse incluindo á oferta nos Orzamentos Xerais do Estado o ben mediante outra solución que aprobé o Goberno central e que permita ás Comunidades retomar, de novo, os procesos de contratación de persoal.

Educación propón a ofertas desas 1.043 prazas, das que 540 serán de Secundaria, 400 de Mestre, 80 de Profesores Técnicos de FP e 23 de Música e Artes Escénicas.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos lembrou que a Xunta ainda está dentro do prazo para poner en marcha o proceso de selección. Ademáis, José Manuel Pinal pediu ao Goberno Central que acabe coa “incerteza” para que as oposición poidan celebrarse dende o 22 de xuño.

Os sindicatos, denunciaron que a Xunta non ten vontade de negociación e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, cualificou de “paripé” a mesa de negociación entre Educación e os sindicatos xa que non hai tal negociación sobre o total de prazas que, subliñou, son completamente “ insuficientes e non atenden as necesidades do sistema educativo”.

También te puede interesar