Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@carmelasilva propón a @FeijooGalicia a transferencia á Xunta dos centros nos que a @depo_es non ten competencias

Posted by on Feb 28th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela propuxo formulou ao presidente do Goberno de Galicia a creación dunha Comisión Mixta para iniciar o proceso de transferencias daqueles centros e servizos dos que a institución provincial non ten competencias nin propias, nin delegadas.

Na reunión que mantiveron en San Caetano, Carmela Silva, que acudiu acompañada polo vicepresidente, César Mosquera,  presentou os informes que cifran en case 22 millóns de euros o financiamento destes centros, entre os que se atopan a Cidade Príncipe Felipe, a Escola Universitaria de Enfermería, a Escola de Cantería, a Estación Fitopatolóxica Areeiro e a Finca Mouriscade, ademais de servizos aos concellos da provincia de Pontevedra como a Teleasistencia e os Servizos Comunitarios Básicos, os programas de asistencia social na área de Igualdade e as axudas a cooperativas agropecuarias e confrarías pesqueiras, todos eles de competencia autonómica.

Así mesmo, Carmela Silva amosou a súa disposición para estudar a posibilidade do traspaso da Finca e o Pazo de Lourizán, para o que insistiu na urxencia de que a Xunta acometa a súa rehabilitación, así como a construción do Centro de Investigación Forestal, tal e como recolle o convenio entre ambas as administracións.

No encontro co presidente Feijoo, e co vicepresidente Rueda, Silva tamén expuxo a necesidade de que o Goberno de Galicia acometa un plan de actuacións urxentes na rede viaria autonómica da provincia, a axilización dos proxectos pendentes, os arranxos integrais dalgunhas estradas e un plan de mellora da seguridade viaria.

Así mesmo, a presidenta requiriu ao Goberno galego un programa de actuación nos centros educativos da provincia e nas infraestruturas sanitarias, dado o estado de deterioro de moitos centros escolares e centros de saúde, na área de equipamentos deportivos e culturais, do Medio Rural e Mar, do Emprego e a necesidade dunha análise sobre o risco da deslocalización de empresas cara ao norte de Portugal.

Tamén na área de Igualdade, Silva insistiu na necesidade urxente dun Pacto de Estado  contra a violencia machista. A presidenta tamén fixo propostas en canto a necesidade dunha redefinición do  mapa de emerxencias na provincia, onde hai zonas que teñen deficiencias en canto a cobertura. Respecto ao Consorcio contra incendios e de salvamento, a presidenta formulou a posibilidade de creación dunha rede máis apropiada ás necesidades da provincia e dunha coordinación provincial como primeiro paso para dotar dunha estrutura de mando ao territorio.

Finalmente, Carmela Silva lembrou ao presidente Feijóo as “demandas históricas” da provincia de Pontevedra, para as que pediulle que actúe como interlocutor ante o goberno de España. Entre elas se atopan a Liña de Alta Velocidade Ferroviaria Vigo-Ourense por Cerdedo, a Saída Sur ferroviaria de Vigo-O Porriño, as autovías A-57 e A-59 e conexión coa AP-9, as obras de mellora de seguridade na A-55 practicamente paralizadas, ou a licitación da Estación do AVE en Vigo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator