Galicia

@PPdeGalicia vota en contra de rebaixar o IVE da electricidade do 21 ao 4%

O Partido Popular votou este martes en contra dunha proposta do BNG, que tiña o apoio do resto da oposición, para reclamar ao Goberno central a baixada do imposto que grava o consumo doméstico da electricidade do 21% actual-que é o treito máis alto- ao ‘superrebaixado’ do 4%.

O BNG pedía redactar un estudo para avaliar a implantación dunha tarifa eléctrica galega, suprimir os complementos polos que se pretenden que os consumidores paguen o sobre-custo dos tributos das comunidades, coma o canon eólico de Galicia.

Os nacionalistas salientaron que que Galicia non sacou rendemento de ser produtora de electricidade e de controlar esa produción e a distribución.

O PP sinalou que a proposta non tiña concreción e a súa deputada Marta Nóvoa engadiu que aínda que Galicia produza enerxía de máis, “hai intres nos que as enerxías renovables non cobren a demanda polo que non é sostible unha tarifa propia”.

También te puede interesar