Comarcas Vigo al minuto

O alcalde de As Neves solicita que a vila poida utilizar a Estación Depuradora da PLISAN

O alcalde de As Neves, Xose Manuel Rodríguez, ven de solicitar á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a necesidade da utilización na nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que se vai construir na Plataforma Loxística Industrial Salvaterra as Neves (PLISAN), para o verquido do saneamento de boa parte do territorio municipal.

Tamén se impulsará dende o Concello, sinala Rodríguez, a colaboración de Augas de Galicia para o deseño e execución da canle de saneamento con destino a Estación Depuradora.

O alcalde afirma que é unha “compensación necesaria para a poboación das Neves despois de tantos años de incumprimentos reiterados, de expectativas frustradas e da grave alteración da morfoloxía do territorio”.

De igual modo, engade Xosé Manuel Rodríguez, avanzarase no estudo da solución proposta para rexenerar ambientalmente o millón de metros cadrados excluído do actual ámbito Plisan, así como a abono definitivo das indemnizacións aos expropiados.

También te puede interesar