vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@ponteareas_gal declara a caducidade da concesión de dúas minigasolineiras

Posted by on Feb 20th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello de Ponteareas vén de iniciar a tramitación do correspondente expediente administrativo de cara a declarar a caducidade das concesións outorgadas á marxe do obrigado procedemento de concorrencia competitiva pola correspondente Comisión de Goberno de maio de 1992, autorizando o dereito de uso de solo público “para a instalación de tres minigasolineiras” situadas na N-120 no coñecido como “cruce de Mondariz”, na estrada de As Neves -rotonda das Pombas- e unha terceira nas inmediacións do Parque da Feira Vella , esta última nunca chegou a executarse.

Dado que o prazo da concesión, que era de 25 anos, vence en maio deste ano, as empresas deberán deixar libres as instalacións das minigasolineiras do cruce da estrada de Mondariz e da estrada de As Neves, que reverterán ao Concello libres de cargas.

Co inicio deste expediente e a reversión das instalacións ao Concello, explica o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, “rematase cunhas concesións outorgadas de xeito irregular, revertendo as instalacións ao Concello e, polo tanto, a todos os veciños e veciñas de Ponteareas”.

Represas salientou asimesmo que o Concello está a valorar o outorgamento de novas concesións, “baixo un réxime de competencia na selección dos adxudicatarios que, fronte ao que se fixo no pasado, garanta a máxima participación municipal nos beneficios das gasolineiras”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM