vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As doutoras Calherios e Ruibal imparten un taller de risoterapia aos nenos ingresados na planta de Pediatría do Cunqueiro

Posted by on Feb 20th, 2017 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Dúas médicos residentes de primeiro ano de Medicina de Familia imparten un taller de risoterapia para os nenos ingresados nas plantas de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. As doutoras Teresa Calheiros e Joana Ruibal iniciaron a actividade o pasado 30 de xaneiro e pretenden seguir con ela cunha periodicidade bimensual.

Ambas son monitoras de Risoterapia, formadas na Escola Permanente de Risoterapia  coordinada polo doutor Jorge Cameselle.  Na actividade participan tamén María Álvarez e Celia Fernández “la Frutera”, expertas neste tipo de iniciativas.

Ademais dos talleres quincenais, as dúas facultativas levarán a cabo unha investigación sobre os efectos da risoterapia nos nenos ingresados e realizarán un documental médico que plasmará os posibles beneficios destas técnicas nos servizos de Pediatría. Cada sesión ten unha duración aproximada de dúas horas e está dirixida a nenos ingresados. A risoterapia é unha estratexia ou técnica psicoterapéutica que produce beneficios mentais e emocionais por medio da risa.

Existen múltiples evidencias que demostran os beneficios desta práctica. A risa aumenta a secreción de catecolaminas e endorfinas, mellora o estado de ánimo, fortalece o sistema inmunolóxico, aumenta a osixenación do sangue e ten un efecto positivo sobre a saúde en xeral. Pode axudar a que os enfermos acepten mellor a medicación, e mesmo chegan a presentar menos medo e angustia mentres permanecen ingresados no hospital. Os nenos hospitalizados necesitan de moito apoio por parte do persoal sanitario e da súa familia para soportar a súa estancia no hospital, así como os seus problemas de saúde.

Distintos estudos demostran que a risoterapia inflúe positivamente nas características psicolóxicas e sociais dos nenos ingresados, diminúe o stress, pesadelos, angustia e inapetencia; e mellora a comunicación cos seus pais, co persoal sanitario e cos outros nenos. 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM