vigoalminuto.com - Tu peridico digital

84 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana na que non houbo mortos en accidentes de tráfico

Posted by on Feb 20th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

ARCHIVO

O 061 asistiu durante a fin de semana a 84 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 17 de febreiro ata as 23:59 deste domingo. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 84 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 73. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 62 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 71 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM