Vigo al minuto

O Concello xa recibiu 1.100 solitudes para as axudas para alimentos, enerxía e vivenda

O prazo para optar ao programa extraordinario de axudas para familias con menos recursos está aberto desde o pasado día 1 de febreiro e ata o 3 de marzo. Ata este venres, indicou Caballero esta mañá, xa foron rexistradas 1.100 solicitudes no Concello.

O alcalde animou aos posibles beneficiarios a solicitar cita previa no teléfono gratuíto 010 ou na web municipal e lembrou que o Goberno local  conta este ano con algo máis de 2,5 millóns de euros para axudas de emerxencia a familias para os seus pagos de alimentos, enerxía -electricidade e gas- e vivenda -aluguer e hipoteca-.

También te puede interesar