vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es reabre ao público no que o temporal causou danos de consideración que precisarán unha inversión de 100.000€

Posted by on Feb 15th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este mércores, acompañada polo alcalde, Agustín Reguera, o complexo do Castelo de Soutomaior con motivo da súa re-apertura. O Castelo de Soutomaior volveu abrir as súas portas despois de que o persoal do Servizo de Medio Ambiente da institución provincial conseguise reparar os danos provocados por mor da climatoloxía adversa sufrida na provincia a pasada semana, durante a que se decretaron as alertas vermella e laranxa.

Carmela Silva sinalou que “o Castelo volveu abrir este martes, como tivemos previsto” e lembrou que e foi un dos grandes afectados polo temporal que sufriu Galicia os pasados días, o que fixo que “o persoal do Servizo de Medio Ambiente tivese que traballar arreo durante días e coa axuda de maquinaria especializada” para a realización das tarefas de reparación.

As mesmas, engadiu, consistiron “na retirada das árbores de grandes dimensións, que foron arrincadas de raíz, e tamén das pólas que quedaron soltas nas copas e as que quedaron tiradas polo chan”. En canto á situación actual do Castelo, Silva sinalou quea día de hoxe xa está habilitada a zona do parque para o seu uso e para a realización de visitas, e malia que as zonas do bosque e do viñedo xa están libres e transitables aínda queda traballo por facer para retirar o resto das pólas que seguen espalladas polo chan”.

A presidenta fixo unha avaliación dos danos que sufriu o complexo, os cales estimou en preto de 100.000€ para “facer fronte á reposición da situación”. Esa cantidade vaise dedicar “a repoñer as árbores, os camiños, o mobiliario e os muros que foron afectados” traballos que, subliñou, vanse facer “de forma inminente porque este Castelo ten que ter unha atención inmediata por parte da Deputación” e sinalou que “malia que os danos foron importantes, xa puidemos abrilo ao público para que recupere a súa actividade e que a xente volva a este recinto”.

En canto ás incidencias máis salientables rexistradas no Castelo de Soutomaior, Carmela Silva nomeou que tanto o mobiliario como a estrutura da finca quedaron afectados, chegándose a perder a corrente eléctrica das instalacións, ou os danos no plástico que recobre o invernadoiro. Ademais, “o recinto estaba absolutamente intransitable por mor das numerosas árbores que caeron e tamén polas pólas que quedaron suspendidas con risco de caída”, de feito, “para retiralas foi necesaria a intervención dunha grúa que estivo traballando durante días”, engadiu.

No complexo de Soutomaior perdéronse unhas 20 árbores, entre elas un pinsapo centenario que causou danos na zona amurallada, dúas tuias que impediron o paso dos vehículos, unha delas esmagando a varanda do muro e outra danando dous cordóns do viñedo, unha carballiza centenaria de máis de 20 metros de altura que ocasionou o derribo de parte dunha camelia tamén centenaria -que, como sinalou Carmela Silva, “teñen unha enorme capacidade de recuperación e polo tanto poderase recuperar, o que é unha alegría”-, un cedro de Portugal que esnaquizou un dos bancos do parque ou outro cedro diante da Capela que cortou a estrada pola que se accede a ela e tamén afectou ao moliño. As árbores máis afectadas na parte do bosque foron o ciprés, a acacia e o érbedo, pero tamén se perderon carballos, pinos e eucaliptos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM