vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@MareaVigo afirma que é un “escándalo” o sistema do Concello para os reforzos e horas extras dos Bombeiros

Posted by on Feb 14th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Grupo Municipal da Marea de Vigo califica de auténtica trama organizada” o reparto de miles de horas extras de traballo e, porén, dende o seu grupo municipal afirman que “agora entendemos porque tanto interés en retrasar as ofertas públicas de emprego no corpo”.

Segundo o voceiro muncipal de Marea, as declaracións do alcalde sobre a reparación dun edificio público, calificándoo como “funcións dos bombeiros” son rotundamente falsas e contradín o propio Regulamento do corpo de bombeiros.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma que non se trata de acontecementos aillados, xa que o acontecido no corpo de bombeiros con respecto as obras do estadio de Balaídos nos pasados días é “soamente un exemplo mais que ven a responder a unha serie de dinámicas de carácter arbitrario que se están dando en mais dunha área deste Concello dende hai xa uns anos”.

Froito destas dinámicas indica A Marea é, por exemplo, o retraso das oposicións públicas dende a oferta 2010-2011 ata o punto de deixalas caducar, para o que tivo que ser necesario un recurso dos sindicatos cuxa sentenza provocou que recentemente se sacasen esas prazas; mentres tanto, e durante todos eses anos, miles de euros se gastaron en productividades de dubidosa legalidade laboral en moitos casos e case sempre, por suposto, asignadas de xeito arbitrario.

Rubén Pérez afirma que “un Goberno progresista non pode converter os cadros de persoal municipal en man de obra desregulada para empregar nos caprichos ou ineficiencias dos cargos institucionais, creando ademais un sistema de castigo-premio nos mesmos”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM