vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@ConcelloNigran creará un novo servio de atención cidadá para achegar aos veciños a administración electrónica

Posted by on Feb 14th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro Pleno unha moción para crear ‘Nigrán Responde’, un novo servizo de atención cidadá de cara aos vindeiros tres anos, periodo no que os veciños deberán familizarizarse coa administración electrónica e, polo tanto, precisarán maior orientación. Este servizo engádese ao creado o ano pasado polo goberno local co obxectivo de ofrecer ao cidadán unha atención directa cando se dirixe ao Concello, ben de xeito telefónico -eliminando a impersoal centralita e facendo un seguemento da chamada- ou ben presencialmente -resolvendo dúbidas e mesmo acompañando aos departamentos que precisen-.

Así, baixo o nome de “Nigrán Responde 2017-2019”, o goberno propón a contratación a xornada parcial de catro auxiliares administrativos con formación específica en calidade de persoal laboral temporal  e no horario de apertura habitual do Concello, de 9:00 a 14:00 horas. O custe anual estimado é de 48.860 euros para cada ano e, dado que o actual orzamento está prorrogado, sería preciso facer unha modificación de crédito que o Pleno debe autorizar.

“Trátase dun servizo esencial e prioritario para o goberno e agora resulta todavía máis imprescindible ante a obligatoriedade de empregar a administración electrónica para moitos trámites, non queremos que ningún cidadá se poida sentir discriminado por mor do uso das novas tecnoloxías”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a lei 39/2015 do 1 de outubro. A propia lei, no artigo 12, incide en que “as administracións públicas asistirán no uso de medios electrónicos aos interesados.” “Moita xente, sobre todo a maior, non está acostumada ao uso de internet e non sabe desenvolverse en absoluto, por iso dende o departamento ‘Nigrán Responde’ é preciso ofrecerlle asistencia e orientación ao respecto, especialmente no periodo de adaptación”, resume.

O novo servizo de atención cidadá estará ubicado nun mostrador da planta baixa do Concello, un espazo reformado precisamente para facilitar a accesibilidadea tódalas persoas dacordo a “Un Nigrán para todos”, lema da iniciativa pioneira en Galicia na que o Concello e o Centro de Educación Especial Juan María traballan para erradicar obstáculos físicos e sensoriais -compre lembrar que o consistorio dispón dende o ano pasado dun inhibidor de ruídos para persoas con problemas de audición, aparato que  non existe noutro concello galego-.

“Seguiremos nesta liña porque este é o Nigrán que queremos; un municipio amigable onde tódalas persoas poidan desenvolver a súa vida cotía sen barreiras que supoñan dificultades engadidas, por iso é fundamentar reforzar este servizo”, conclúe o alcalde, Juan González.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM