vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Dous mortos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on Feb 13th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 10 de febreiro, ata as 23:59 horas deste domingo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM