Ciencia y Tecnología Sucesos

Simulacro, con máis de 60 membros de diferentes servizos de Emerxencias, na planta de Sygenta en Porriño

A Xunta participou no simulacro do Plan de Emerxencias Exterior da planta de Syngenta España, que se desenvolveu con éxito nas zonas de afectación do posible accidente. O plan de Emerxencia foi activado a nivel 2 pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior que foi a encargada de dirixir a todos os grupos que interviron no mesmo.  .

A realización deste tipo de exercicios ten unha gran importancia, xa que dan a coñecer a potencial poboación afectada as medidas de autoprotección a aplicar en caso dun incidente. Así mesmo, permiten unha coordinación efectiva entre as administracións e a empresa para garantir unha maior seguridade na zona.

O exercicio  consistiu en simular un incendio grave no almacén de inflamables que fai que os medios internos dispoñibles da empresa non sexan capaces de apagalo, pola perigosidade dos produtos. Para elo se teñen que poñer en acción medios externos. A empresa activa o seu Plan de Emerxencia Interior informando ao 112 Galicia. De forma case simultánea actívase tamén o Plan de Emerxencia Exterior elaborado e dirixido dende a Xunta de Galicia.

Neste simulacro tamén participaron Bombeiros de O Porriño, membros da Garda Civil, da Policía Autonómica, Policías Locais de O Porriño e Mos, agrupación de voluntarios de Protección Civil e Servizo Municipal de Protección Civil de O Porriño e Mos,  persoal dos dóus Concellos, persoal sanitario do 061. En total, entre o persoal externo e o da propia empresa, mobilizáronse a máis de 60 persoas.

As normativas europea e estatal obrigan ás administracións públicas a elaborar e implantar plans de emerxencia exterior para as industrias afectadas con riscos inherentes ós  accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, co obxectivo de ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias á poboación e ó medio ambiente en caso de producirse un accidente grave.A elaboración destes plans non é suficiente se non se traballa na súa implantación.

También te puede interesar