Cultura Vigo al minuto

@catro_cafe abre, ata o vindeiro día 15, o prazo para segunda semifinal do seu concurso ‘Microcatrorelatos’

O concurso de relatos curtos Microcatrorelatos, organizado polo café De Catro a Catro, avanza a bo ritmo nesta quinta edición. Tras a presentación de 23 textos para competir na primeira eliminatoria, a organización conta con que se manteña este nivel na segunda semifinal, que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro.

Neste sentido, a organización do certame quere lembrar que o prazo para presentar os  orixinais a esta segunda eliminatoria remata o 15 de febreiro, ás 23.59 horas, e como máximo pódese presentar unha obra por semifinal e autor. Aqueles textos recibidos con posterioridade a este día e hora de remate, entrarán a competir na semifinal do mes seguinte.

Nesta segunda semifinal, ademais da orixinalidade e calidade dos textos, o público e o xurado –integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas- valorará que os relatos teñan como tema central o Entroido, así como que os autores fagan a lectura dos mesmos empregando un disfrace acorde co seu texto.

También te puede interesar