Galicia Sucesos

Terceiro fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 50 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 3 de febreiro ata a medianoite de onte. O día que rexistrou máis incidentes foi o  domingo con 13 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 36 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 50 persoas. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 14 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 42. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 37 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar