@Xunta toma medidas de urxencia logo do derrube parcial do dique de abrigo do porto de A Guarda | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@Xunta toma medidas de urxencia logo do derrube parcial do dique de abrigo do porto de A Guarda

Posted by on Feb 3rd, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Consellería do Mar ven de tomar “medidas de urxencia” para “garantir a seguridade dos usuarios” do porto da Guarda tras o derrube parcial , nas pasadas horas, do dique de abrigo.

Segundo informa a consellería nun comunicado, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e técnicos do ente público visitaron este venres o porto da Guarda para facer unha inspección dos danos ocasionados polo temporal.

Axiña tomáronse “medidas de sinalización e restricións de acceso” á zona máis afectada, co obxectivo de minimizar os riscos para os peóns.  A revisión realizouse tanto con pleamar, para coñecer as zonas de maior batida do mar cara, como con baixamar, para observar os danos.

Nunha primeira valoración visual, detectáronse “danos de relevancia” no dique, fundamentalmente a rotura do espaldón nunha brecha de 30 metros de longo por 3,5 de ancho e o desprazamento de bloques do dique.

Mar sinala que, unha vez que as condicións meteorolóxicas o permitan, continuarase coa revisión para comprobar especialmente o estado da parte situada baixo o nivel do mar.

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “@Xunta toma medidas de urxencia logo do derrube parcial do dique de abrigo do porto de A Guarda”

  1. Santy dice:

    y que tiene que ver el puerto de Meira con la Guardia
    por que la foto es el puerto de Meira

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM