vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@ConcelloNigran disporá, dende este verán, dunha vivenda temporal para persoas sen fogar

Posted by on Feb 1st, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello de Nigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia social, que servirá tamén para o programa de respiro familiar e de autonomía do Centro de Educación Especial Juan María.

O goberno de Nigrán obtivo esta semana a autorización da desafección do uso docente desta antiga vivenda  do mestre en Balinfra (Camos), o que lle permite destinala a estos novos usos sociais -o goberno local presentara esta proposta de desafección na sesión plenaria do pasado mes de xuño, procedendo tralo acordo da corporación a facer a solicitude formal ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen comunicou agora a súa resposta favorable-.

O obxectivo é poder empregar esta casa desocupada para situacións de urxentísima necesidade e tamén para que os usuarios do Centro Juan María poidan gozar de programas de respiro familiar ou de preparación para unha vida independente. “Unha vivenda é un recurso importantísimo para o Concello, por iso queremos que deixe de estar valeira para que sí cumpla un obxectivo social”, resume o alcalde, Juan González.

A edificación, de 339 metros cadrados, consta de dúas vivendas, estando a do lado oeste -número 43- desocupada e deteriorada e, polo tanto, sen cumplir ningunha finalidade. A casa en cuestión -que será reacondicionada- conta con 80 metros cadrados de planta, dous pisos e xardín nunha parcela de 2.789 metros cadrados. A escola infantil á que estaba vinculada xa non cumple tal función, por esta razón o anterior goberno socialista solicitara en 2010 á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a desafección do seu uso docente, sendo concedido o 15 de marzo de 2015 e permitindo así que as escolas sirvan para albergar a Escola Municipal de Música ou o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural A Camoesa.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM