vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Preocupación pola investigación da UE sobre o proxecto Pousadas do Salnés, aprobado polo anterior goberno da Deputación

Posted by on Ene 31st, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación amosouse preocupada pola investigación que está a facer a Oficina Europea de Loita contra a Fraude sobre os fondos cos que se financiaron as  Pousadas do Salnés.“Non sei cómo vai rematar a investigación, agardo que sexamos quen de solucionar o tema, pero non está na nosa man”, dixo Carmela Silva.

O goberno da Deputación, integrado por PSdG e BNG, denunciara xa ao inicio do mandato que había “moitas irregularidades” na xestión destes catro establecementos turísticos deseñados para persoas con discapacidade.

Ata hoxe so o hotel da Lanzada abriu as súas portas mentres que os de Ribadumia, Armenteira y Meaño arrastran “problemas herdados do goberno anterior” da Deputación, presidido por Rafael Louzán .

Silva sinalou que a xestión do proxecto das Pousadas do Salnés era un “escándalo” e que tiña un custo de 9 millóns “que se foi a 27 millóns de euros”. A presidenta engadiu  que “todos os proxectos herdados do goberno anterior teñen problemas, irregularidades e, modificados ou sen modificar non cumprían coa lexislación”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator