Galicia

87 feridos no segundo fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 87 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ata a mdianoite deste domingo, día 29. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 21 accidentes ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 75 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 87 persoas. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 10 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 63 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar