Vigo al minuto

Denuncian, de novo, o caos de tráfico no Cunqueiro nas horas punta pola falla de máis zonas de aparcamento

A federación de Saúde da CIG vén de denunciar, de novo, o caos de trafico que se produce no Hospital Álvaro Cunqueiro en horas punta e esixe a dotación de máis zonas de aparcamento nos arredores do centro.

Dende a central sinalan que os problemas de circulación que padecen persoal e pacientes son “consecuencia da mala organización dos accesos e do afán de negocio do modelo de xestión escollido polo PP” e inciden na necesidade de poñer fin dunha vez á “caótica situación que se vive nos accesos ao Cunqueiro a causa da escaseza de aparcamentos”.

A central insiste en que as prazas existentes na actualidade non son suficientes para facerlle fronte ao volume de tráfico xerado polos traballadores e usuarios nas horas punta.

A falta de previsión na organización dos accesos e o afán de negocio do modelo escollido polo Partido Popular para facer este hospital público provocan que nas horas de entrada e saída dos profesionais se xeneren colas que chegan até a estrada Clara Campo Amor, dificultando o acceso tanto dos particulares como do transporte público e das ambulancias. Esta situación repítese a diario sen que nin a actual Xerencia ni a concesionaria sexan capaces de darlle solución, nin plantexando unha nova reordenación do tráfico nin ofrecendo alternativas de aparcamento”.

También te puede interesar