Vigo al minuto

400 traballadores de Nova Pescanova rexeitan a proposta de convenio que “éunha rebaixa brutal” das condicións laborais

A asemblea de traballadores de Nueva Pescanova rexeitou a proposta de convenio colectivo da empresa. O acto serviu para amosar a unidade do persoal fronte os intentos da dirección para impoñer un texto que, segundo argumentan, supón “unha rebaixa brutal” das súas condicións laborais.

As 400 persoas presentes na asemblea, convocada polos sindicatos CIG, CUT, UGT e USO o sábado no Multiusos da Xunqueira en Redondela, decidiron trasladar “a mala fe negociadora da empresa” á Inspección de Traballo.

En principio descartaron convocar mobilizacións á espera da resposta de Nueva Pescanova, aínda que adiantaron a posibilidade de realizar concentracións en Mercadona -un dos seus principais clientes- ou nas ETT que “posibilitan a competencia desleal durante as folgas”.De igual xeito, a votación das propostas amosou a vontade do cadro de persoal por enfrontar de xeito unitario o “ataque” da empresa.

Na comparecencia diante dos medios as catro centrais anunciaron que dentro dun mes convocarán unha nova asemblea para dar conta das xuntanzas que a representación dos empregados dos distintos centros de traballo manterán coa dirección de Nueva Pescanova os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro para continuar coas negoacións do convenio. Nese encontro tamén se abordaría a adopción de novas medidas de presión e a convocatoria de mobilizacións no caso de que a empresa non dea marcha atrás nas súas pretensións.

También te puede interesar