Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

En marcha a programación de ‘Vigocultura’ de febreiro a abril

Posted by on Ene 20th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Concellería de Cultura presenta a programación municipal de artes escénicas “Vigocultura” que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei, dende o venres 3 de febreiro ao domingo 30 de abril, ambos inclusive.

No ano 2016, a programación “Vigocultura” tivo un total de 9.000 espectadores, sendo os espectáculos mellor valorados polos espectadores o Monólogo do imbécil, da compañía Eme2 Emocion&Arte, Kepa Junkera&Sorginac en concerto e The Funamviolistas, no que respecta a público adulto, e Chíos, espectáculo para bebés da compañía Teatro da Semente, Chefs, da compañía Yllana, e Invención, do grupo Odaiko, en canto ao público familiar.

A programación para este semestre, composta por espectáculos de rúa, música, monicreques, teatro, comedia, danza, teatro de máscara e circo, comezará co espectáculo de rúa “Fitness”, de Ibuprofeno Teatro, o venres 27 de xaneiro ás 6 da tarde, cunha aloucada e frenética muller adicta ao fitness, que desde a praza da Princesa até a farola de Urzáiz, dará unha clase colectiva de “ximnasia” presentando a programación de “Vigocultura” aos viandantes.

O venres seguinte, día 3 de febreiro, comezará a programación no Auditorio Municipal do Concello coa actuación de Radio Cos, o grupo de Xurxo Fernández e Quique Peón, que presentarán o seu novo disco “Pasatempo”. O venres 10 de febreiro, a compañía viguesa Artello Teatro presentará na súa cidade o espectáculo “Non toques os meus círculos”, espectáculo que obtivo a Mención de honra á posta en escena na Final de Ciencia en Acción 2016.

Compañías como Chévere, ButacaZero, Teatro de Ningures -conmemorando o Día Internacional da Muller-, Voadora, Ilmaquinario, Kulunka Teatro, a compañía arxentina Criolla, Ibuprofeno -coa obra O Furancho, Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor e Premio Fetega ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz con Isabel Risco-, Excéntricas -conmemorando o Día Internacional do Libro, co primeiro espectáculo de Valle-Inclán traducido ao galego da historia, A cabeza do Dragón, e dirixida por Quico Cadaval, que tamén está no elenco-, e Traspediante e Pistacatro -Día Internacional da Danza-, completan a programación adicada ao público adulto, que terá lugar os venres ás 9 da noite.

En canto á programación para toda a familia, que se desenvolverá os domingos ás 12:00 h, comezará con música con “A Nena Que Quería Navegar”, de Redrum Teatro; completan a programación as compañías Expresión Produccións, Galitoon -espectáculo coa técnica da luz negra-, Farrés Brothers&Cia -viaxe en globo “estático”, Premio Feten 2016-, Limiar Teatro, Las Tricotouses –danza-, Avoayouja -espectáculo para os máis pequeniños-, Ghazafelhos, La Canica -conmemorando o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil, Premio Feten 2016 ao mellor Espectáculo de Títeres-, Perez&Fernandez -espectáculo infantil revelación no ano 2016 no panorama do teatro galego-, Artestudio -conmemorando o Día Internacional do Libro, merecida homenaxe a Agustín Fernández Paz- e Otradanza.

En resumo, neste semestre haberá un total de 24 grupos e compañías programadas, con 25 espectáculos diferentes e 29 funcións.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Así, os prezos das entradas para os espectáculos para adultos son de 5 e 8 €, dependendo dos cachés das compañías e grupos, e os dirixidos a público familiar de 3 e 5 €, polo mesmo criterio.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a partir deste venres, sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes, a través da páxina web de Ticketea, no teléfono 902.044.226, na Central de Espectáculos – na rúa Velázquez Moreno, 26-, ou o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio, a partir dunha hora antes do comezo -sempre que houbese entradas disponibles-.

Os abonos para a programación deste periodo pódense combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5 ou 10 espectáculos, con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator