Comarcas

O Concello de Nigrán habilitou un novo parque infantil na parroquia de Camos

O Concello de Nigrán habilitou un novo parque infantil no barrio de San Roque, na parroquia de Camos, no que investiu 16.480€. Este foi instalado na zona do torreiro das festas e consta de sendos columpios de dous prazas -dous deles para bebés-, dous balancíns biplaza de muelles, un balancín individual e unha construcción modular con tobogán, rede de trepa, argolas e corda.

“A súa ubicación en San Roque permite que esté preto das familias de tódolos barrios da parte alta da parroquia que, ata agora, carecían de zona de xogos, polo que era unha vella demanda da veciñanza”, subliñan dende o Goberno local.

“O ‘Nigrán para todos’ que estamos a construir ten nos nenos un dos seus eixos fundamentais, en tódalas parroquias deben contar con lugares de esparcemento e en Camos  había unha carencia clara”, explica Juan González, alcalde de Nigrán, quen incide en que os parques “funcionan tamén como verdadeiros puntos de encontro e socialización dos adultos, creando un Nigrán máis amigable para as persoas”.

O goberno local contempla unha posta a punto de tódolos parques infantís municipais e a creación de novos espazos.

También te puede interesar