Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@galizaCIG reclamará no Xulgado a execución de parte da débeda do persoal de GEA

Posted by on Ene 11th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A CIG anunciou este mércores que solicitará ao Xulgado que execute a débeda que manteñen unha inmobiliaria e un bufete de avogados cos ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que representa o sindicato. O grupo de afectados volveu mobilizarse hoxe en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupa a antiga fábrica de louza en Cabral e Coruxo.

A decisión da CIG chega tras varios meses de protestas das ex empregados de GEA para reclamar o abono das débedas pendentes, tanto por parte de dúas inmobiliarias como dun bufete de avogados.

O secretario comarcal de Pontevedra, Marcos Conde, explicou que a central intentará así que o Xulgado execute o “pago das cantidades recoñecidas pola inmobiliaria El Rocío e polo avogado José Pérez Pousa -un total de 144.000 euros-“. Con todo, aos afectados aínda lles restaría por ingresar os máis de 2 millóns de euros que lles adebeda a inmobiliaria Subel.

Conde detalla que estes 144.000€ que non foron entregados polo letrado ao grupo de ex traballadores representadas pola CIG, “xa que cando El Rocío lle entregou os cartos -que ascendían a 1,8 millóns de euros- optou por repartilos unicamente entre os seus asesorados, pertencentes a CCOO e UGT”. Isto fixo que a central optase por presentar unha demanda na súa contra en 2014, tras a que se chegou a un acordo de recoñecemento da débeda e de liquidación da mesma.

“Mais tanto El Rocío como Pousa se negan a abonar a débeda e sinálanse mutuamente como responsábeis do impago. Ademais, en todo caso, pretenden que as afectados acepten unha quita que deixaría cantidade adebedada en 117.000€” . Diante disto, un grupo de ex traballadores optou por iniciar mobilizacións co apoio da CIG tanto diante da sede da inmobiliaria El Rocío como do despacho de Pousa.

Así, hoxe continuaron coas protestas, que se desenvolveron de 10 a 11 da mañá na inmobiliaria, siatuada na rúa Colón, e de 11 a 12 no despacho de Pousa, en Urzaiz. Alí despregaron pancartas reclamando o pago das débedas e acusando o letrado de “pufero”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2