Vigo al minuto

Centos de persoas saen á rúa en Navia para esixir máis profesionais para o seu centro de saúde e a Área Sanitaria de Vigo

Centos de persoas sairón á rúa en Navia para esixir  máis profesionais para o centro de saúde. Os colectivos apostan por un reforzamento da atención primaria para rematar cos problemas asistenciais da área sanitaria viguesa.

A marcha saiú da Teixugueiras pasadas as 7 da tarde con dirección ao centro de saúde co obxectivo de reclamar a dotación de máis persoal para rematar cos problemas asistenciais que padece a parroquia en particular e a área sanitaria viguesa en xeral. En concreto, para Navia demandan 4 novos médicos, 2 pediatras e alomenos 4 enfermeiros.

Os colectivos convocantes da manifestación, a  Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHIVI) e a plataforma SOS Sanidade Pública, subliñan que a falta de persoal na atención primaria “é ben coñecida por todos pois sufrímola cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia, situación que se agrava cando precisamos acudir ás consultas de pediatría”.

Como sinalouse no manifestó lido ao final da mobilización, “as causas desta situación son os recortes das prazas das e dos profesionais que estaba previsto crear no Plan de mellora de Atención Primaria, e o incumprimento da promesa electoral do Partido Popular de construír 4 novos centros de saúde en Vigo”.

“A isto temos que sumarlle e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría é un feito evidente, temos poucos profesionais da pediatría formados cada ano e non permiten cubrir nin as xubilacións que se producen no sistema”.

También te puede interesar