vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es esixe á Xunta que asuma a súa competencia en Igualdade e defina os Centros de Información ás Mulleres

Posted by on Ene 10th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Deputación de Pontevedra, a través da deputada delegada en igualdade, ven de esixir á Xunta de Galicia, a única que ten competencias nesta materia, que asuma os seus acometidos e redefina a situación dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).

Isaura Abelairas referiuse á necesidade de que a administración autonómica “configure unha rede integral e equilibrada de CIM en todos os concellos da provincia para que todas as mulleres, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos servizos e non corran riscos polas dificultades dos concellos para prestar un servizo básico como é a información e asesoramento á muller”.

Isaura Abelairas acusa o PP de estar a facer “politica de baixura” co  caso concreto do CIM de Ponte Caldelas, obviando que os máximos responsables da financiación e organización dos CIM’s é o goberno da Xunta de Galicia, e  lembrou que “o señor Rueda está a facer un uso partidario dun problema laboral herdado do anterior goberno local do PP, que non xestionaba ben as contratacións impulsando, deste xeito, problemas laborais dos que son eles os únicos responsables”. 

Cuestiona a deputada que se adiquen a criticar o alcalde de Pontecaldelas  cando dos 61 municipios da provincia de Pontevedra so 35 forman parte da rede CIM´s da Xunta, 21 de xeito individual e 14 mancomunados, “esquecéndose que  27 concellos de esta provincia  non teñen CIM”

Lamenta a deputada que no canto de preocuparse por establecer unha rede integral e equilibradas de CIM’s na Provincia, a Xunta de Galicia ten recortado  nos orzamentos autonómicos destinados ás accións para a igualdade, protección e promoción da muller, con respecto ó ano 2010, un 16,48%;  “datos obxectivos que veñen a amosar o compromiso que ten a administración autonómica coa igualdade de xénero, que é cero, e a forma de facer política á que nos ten acostumadas e acostumados o goberno do PP: recortar naquilo que non consideran prioritario, naquilo no que non creen”.

Tamén asegurou Abelairas que a Xunta debe asegurar o  financiamento dos CIM xa que as axudas que lles chegan aos Concellos non teñen data fixa e varían a contía cada ano, xerando inseguridade no financiamento e dotando de escasos recursos para poder prestar un servizo adecuado que debería incluir inversións en dinamización e prevención da violencia de xénero. De feito, no caso concreto de Ponte Caldelas, no 2015 destinóuselle 35.196 € e no 2017 27.050 €, 8.000 € menos.

Amais, a deputada provincial tamén sinalou que as axudas nos CIM están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) ata nun 80% -o 20% restante achégao a Xunta-. “Así que falemos en serio, que mais que xestionar os recursos doutras administracións o que debería facer a Xunta de Galicia é dotar de máis recursos a este servizo tan fundamental para garantir os dereitos das mulleres”.

Isaura Abelairas recordou que “o PP debería estar calado xa que para este partido as políticas de igualdade non existen, de feito e como mostra, ata que chegamos nós á Deputación de Pontevedra nin existía un servizo de igualdade, nin orzamentos destinados a promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara