Galicia Sucesos

Seis mortos nas estradas galegas durante as ‘festas do Nadal’

Seis persoas morreron nas estradas galegas durante as ‘festas do Nadal’. Segundo os datos de Tráfico, en todo o Estado perderon  vida 34 persoas.

En Galicia, durante os días contabilizados destas festas, dende o pasado 23 de decembro ata onte, domingo día 8 de xaneiro, o accidente máis grave foi o que se produxo o día 26, no concello ourensán de Monterrei,  no que morreron unha moza e un mozo; os outros sinestros con falecidos foron nos concellos de Tordoia e Cedeira, os dous en A Coruña, en Bande, en Ourense e o deste mesmo sábado en Salceda.

Este domingo morría no Álvaro Cunqueiro o piloto da moto, un veciño de Vigo de 52 anos, mentres que a muller de 44 anos que iba con él na moto segue internada no mesmo centro en estado grave.

También te puede interesar