Vigo al minuto

@AsembleaDeCoia organiza unha semana en “solidariedade coa loita na rotonda”

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizan unha semana de palestras e proxeccións “en solidariedade coa loita na rotonda de Coia” que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”.

A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado 14 de xaneiro, procura sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores. “El foi unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués”. Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito.

Segundo indica Asemblea Aberta de Coia, “con estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social”.

Para tratar estes temas conatrán con veciñas de Coia acompañadas de “persoas que participaron en diferentes loitas” co obxectivo de partillar experiencias e tecer redes na defensa doutras vidas que paguen a ledicia de seren vividas.

O calendario de actividades será o seguinte: en Ponferrada o domingo 8 xaneiro ás 15:00h, en Ferrol o luns  9 xaneiro ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán (r/Magdalena 202-204); en Sabarís o martes 10 xaneiro ás 20:00h, no Casino de Sabarís (r/Julián Álvarez 33); en Ourense o mércores, día 11, ás 20:00h. en A Galleira (Praza de San Cosme); en Nigrán o xoves 12, ás 20:00h. A Casa Colorida (r/Rosalía de Castro 16); en Pontevedra  o venres, día 12, ás 20:00h. na  Casa das campás (r/Don Filberto 9)e o sábado 14, ás 7 da tarde, en Vigo, no CS Faísca (r/Toledo 9).

También te puede interesar