Comarcas

O Concello de Salceda xa é o propietario do edificio da antiga Cámara Agraria

O Concello de Salceda de Caselas acaba de facer o Depósito do 25%, que é o primeiro pagamento por un importe de 13.210,17€, tras pechar o acordo de compra do edificio da antiga Cámara Agraria coa Xunta de Galicia, que ata o de agora era a propietaria do inmoble.

Segundo o Goberno local, esta compra ten varias ventaxes: o Concello xa non depende de terceiros para a súa rehabilitación, e “o máis importante é que os usos xa non van a estar limitados como ata agora só para interese agrario”.

O edificio está situado no barrio de Altamira e o seu valor, segundo a Consellería de Facenda é de 52.840,67€, prezo polo que agora se vende ao Concello de Salceda nun proceso de adxudicación directa. O pagamento realizarase a prazos, por un periodo de dez anos, cun interese do 3%.

O inmoble ten unha superficie de 137,50 metros cadrados, ocupa unha parcela de 256 metros cuadrados e destinarase a usos socio-culturais ou educativos. O mesmo foi desafectado de uso público e cedido en uso ao Concello no ano 1997, nun decreto que establecía a cesión das distintas Cámaras Agrarias con destino “a fins e servizos de interese xeral agrario”, por un periodo de dez anos, cesión que caducou no ano 2007.

También te puede interesar