Comarcas

‘Xogamos?’ Cómete un pouco o coco e amosa a túa habilidade

A Deputación de Pontevedra  reeditou este Nadal a campaña para o impulso e adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos. A campaña, que comezou en 2015, renóvase nesta ocasión cun noxo xogo, o “comecocos”, que se materializará nunha figura recortable, que podes atopar premendo aquí.

‘Xogamos?’propón varias posibilidades para que te divirtas: “O conto do revés -conta un dos teus contos dándolle a volta ás personaxes”; “Na procura do tesouro -agocha un tesouro e dá as indicacións frío ou quente segundo se acheguen ou afasten del-”; “Eu de maior quero ser -con mímica dille ó grupo cal é a túa profesión favorita-”; “O tres en raia -pinta unha cuadrícula con 9 ocos e a facer tres en raia-”; “Tira a lata -constrúe unha torre con 10 latas seguindo o esquema 4,3,2,1 e logo tira a bola-”; “A cidade imaxinaria -usa a túa imaxinación e crea a cidade con calquera material que atopes na cidade na que che gustaría vivir-”, “A comba” e “O xogo da cadeira -cando pare a música tes que atopar sitio para sentar-”.

También te puede interesar