Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Unha APP para que os pacientes non se perdan polo Cunqueiro

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ven de poñer en funcionamento o Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios (Sigue), unha APP que facilita o guiado de pacientes no interior de centros depentendes deste servizo.

Sanidade informa de que se trata dunha aplicación de descarga gratuíta coa que os pacientes poderán “orientarse dentro do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) do mesmo modo que habitualmente se utiliza en exteriores mediante o sistema GPS”.

A aplicación, que xa está dispoñible para a súa descarga en Google Play, “permite ofrecer un servizo de localización no interior de edificios onde non existe cobertura utilizado un GPS que ten  unha precisión cunha marxe de erro inferior a un metro”.

A APP posibilita tamén consultar as citacións programadas, tanto en hospitais coma en centros de saúde, “ofrecendo a posibilidade de iniciar a navegación ata o centro ao que debe ir o doente”.

O Servizo Galego de Saúde subliña que esta aplicación, que hoxe funciona nos hospitas de Lugo e Vigo tamén o fará para ducias de centros de saúde de toda Galicia nos vindeiros meses.

También te puede interesar