'Qué te cuentas?'

Se vives en Vigo e tes unha bicicleta que non usas podes facela chegar ao programa ‘Unha Bici un Sorriso’

O alcalde visitou o parque central de Lavadores, onde se almacenan as bicicletas doadas pola cidadanía para o programa, promovido polo Concello, a asociación A Golpe de pedal e 15 establecementos de Vigo, ‘Unha Bici, un sorriso’.

Ainda que este programa é anual, toma unha especial relevancia nas datas de Nadal por canto o mesmo recolle bicicletas en desuso as arranxa e as entrega a familias da cidade que as precisen para os seus cativos.

No proxecto cooperan nestes momentos 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que amais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns.

Os cidadáns interesados en participar poden facelo en calquera destas tengas ou chamando ao teléfono 010.

También te puede interesar