Vigo al minuto

O Concello de Vigo aumenta un 6,63% as axudas a familias, que acadan os 2,5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases do Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación para o ano 2017 que conta cun presuposto total de 1.640.000 euros para atender as solicitudes seleccionadas e 40.000 euros máis para atender eventuais recursos dos solicitantes.

Este programa está dirixido a persoas ou familias vulnerables en situación de necesidade para cubrir os seus gastos de aloxamento de vivenda habitual, ben sexa alugueiro, amortización de créditos hipotecarios ou aloxamentos provisionais; para aboar facturas de subministros de electricidade e gas e para alimentación.

O Concello dedicará a desafiuzamentos, enerxía e alimentación no ano 2017 un total de 2.572.000 euros, sumando os 842.000 euros do Programa municipal contra desafiuzamentos e emerxencia social e os 50.000 euros do programa de melloras no fogar

Os solicitantes do programa de axudas a familias deben cumprir unha serie de requisitos para acceder ao mesmo, entre eles, a residencia en Vigo cunha antigüidade mínima de 3 aos, a residencia dos membros da unidade familiar na mesma vivenda ou que a renda da persoa ou unidade de convivencia, una vez descontado o gasto de aloxamento, non supere os 275 euros para un membro, os 325 euros para dous, os 400 euros para tres, os 450 euros para catro, os 500 euros para cinco e os 550 euros para seis ou máis persoas.

También te puede interesar