Ciencia y Tecnología Galicia

A Xunta pon en marcha bolsas de excelencia para atraer á mocidade galega no exterior

A Xunta de Galicia porá o vindeiro ano en marcha as Bolsas de Excelencia para a Mocidade no Exterior, dotadas inicialmente con 500.000 euros, e que supoñen a principal novidade nos orzamentos da Secretaría Xeral da Emigración.

Con elas preténdese captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra, fomentando o retorno da poboación activa laboral e contribuíndo a fixar novos residentes no territorio.

A oferta “centrarase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego, con especial atención aos estudos relacionados co sector primario” e co orzamento previsto preténdense cubrir os gastos de desprazamento, matrícula, aloxamento e manutención das e dos beneficiarios.

Entre as finalidades que perseguen estas bolsas atópase garantir a súa permanencia no territorio, unha vez rematen os seus estudos, mediante un itinerario personalizado para a súa inserción laboral en empresas galegas.

También te puede interesar