Ciencia y Tecnología

Educación abordará de xeito inmediato coas tres universidades a modificación do mapa de titulacións

conselleiro-tano

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou que se reunirá de xeito inmediato cos tres reitores das universidades do SUG co fin de abordar a modificación e mellora do mapa de titulacións para seguir avanzando “na adaptación da oferta académica ás necesidades actuais e ás demandas da sociedade”, incidindo nas liñas de especialización de cada un dos campus.

O obxectivo é determinar os casos de titulacións consideradas singulares para o Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de garantir que se continúen ofertando con independencia do número de alumnos matriculados, así como analizar os casos de duplicidade ou multiplicidade da oferta para deseñar e racionalizar a oferta global do sistema, “unha vez detectados os puntos fortes e débiles”.

Durante o pleno do Consello Galego de Universidades tamén se tratou a proposta da Universidade de Vigo para a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense, que contará coas instalacións específicas e adecuadas, así como cos laboratorios necesarios, para a impartición desta titulación. Sometido a votación, o CGU informou favorablemente sobre a constitución desta Escola, que podería entrar en funcionamento ao comezo do 3º curso do dito grao, isto é, no curso 2018/2019, segundo as previsións da UVigo.

En canto ao apartado de revogación de titulacións, o CGU deu o visto e prace a retirar a autorización para impartir as seguintes titulacións de máster: Máster universitario en Computación de Altas Prestacións (en conxunto para a Universidade da Coruña e para a de Santiago); Máster en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural; e Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, por parte da Universidade de Coruña.

Pola súa banda, na Universidade de Vigo deixa de ofertarse o Máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bio-Industrias; o Máster en Enxeñaría Química; o Máster en Innovación Industrial e Optimización de Procesos; e o Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial.

 

También te puede interesar