Comarcas

Arbo rende homenaxe aos seis veciños asasinados no levantamento militar de 1936

arbo-homenaje-republica

O Grupo pola Recuperación da Memoria Histórica de Arbo organiza o vindeiro 18 de decembro un acto de homenaxe aos seis homes que foron asasinados nos primeiros meses do levantamento militar de 1936. Eran seis veciños da localidade: o concelleiro Telmo Rodríguez, o torneiro Amadeo Álvarez, o mestre Juan Alonso, o médico José Gómez, o empresarios agrario Alfonso Alonso e o mestre Joaquín Antonio Álvarez.

Os actos comezarán ás 11.00 horas coa colocación dunha placa colectiva conmemorativa e de placas nas casas dos homenaxeados, un acto para que “as seis familias familias dos represaliados sintan o cariño e o apoio de centos de persoas que son conscientes da necesidade de avanzarnos na recuperación da memoria histórica”.

Ás 14.00 horas celebrarase un xantar de confraternidade para o que é necesario inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou a través do teléfono 645 950 599.

También te puede interesar