vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Cunqueiro implanta xa desfibriladores subcutáneos que poden controlarse por Internet

Posted by on Nov 28th, 2016 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

doutor-garcia-campoEspecialistas de Arritmias do Hospital Álvaro Cunqueiro iniciaron xa a colocación dos novos desfibriladores subcutáneos coa finalidade de reducir as posibles complicacións relacionadas con esta terapia. Os mesmos  son compatibles coas resonancias magnéticas, “un avance moi importante para os pacientes que sofren arritmias ventriculares”.

A arritmia ventricular pode ser debida a infartos, patoloxías hereditarias ou conxénitas e outras cardiopatías. Ata agora, os pacientes implantados cun desfribilador estaban obrigados a realizar outras probas alternativas á resonancia magnética, menos precisas, e mesmo debían someterse á incómoda e custosa extracción do dispositivo no caso de que a resonancia fose absolutamente necesaria.

A resonancia magnética é a proba de referencia de diagnóstico por imaxe máis precisa e habitual para detectar anormalidades en tecidos brandos e determinar gran parte de enfermidades incluído o cancro, accidentes cerebrovasculares ou problemas neurolóxicos. Unha proba á que debían de renunciar, ata agora, os pacientes con esas patoloxías, cos riscos que iso comporta.

Segundo o doutor Enrique García Campo, coordinador da Unidade de Arritmias do hospital vigués, “os desfibriladores son aparellos que detectan as arritmias e trátanas mediante unha descarga eléctrica que consegue recuperar o ritmo do corazón”.

Os desfibriladores convencionais constan dun xerador de enerxía eléctrica que se coloca no paciente baixo a clavícula, mediante unha incisión lateral próxima á axila. O xerador está conectado a un cable que debe introducirse ata o corazón a través dunha vea. No caso de que o paciente que porta o desfibrilador sufra unha arritmia, o dispositivo emite unha descarga eléctrica que consegue restablecer o ritmo cardíaco, devolvéndolle a frecuencia normal e evitando a morte do paciente.

 “O desfibrilador subcutáneo se implanta sen usar o sistema vascular e sen acceder ás cámaras do corazón. Por ese motivo é unha técnica menos invasiva e reduce as complicacións que poden producirse no procedemento estándar”, explica o doutor García Campo, que aclara: “Outra das vantaxes consiste en que reduce as posibilidades de infección e as posibles complicacións derivadas da intervención”.

O novo dispositivo é unha versión mellorada dunha primeira xeración que xa implantaba o hospital, ten un tamaño máis reducido e dispón dunha batería de maior duración, o que reduce a necesidade de recambio e minimiza a exposición do paciente a intervencións cirúrxicas futuras.

Por outra banda, o desfibrilador permite o control remoto do paciente, de forma que lle evita trasladarse ao hospital cada pouco para o seu seguimento. Os pacientes aos que se lles coloca un desfibrilador subcutáneo son incluídos nun programa de monitoraxe por internet, no que un módem que o paciente leva á súa casa permite enviar de forma continua a información por vía telefónica ata o hospital, onde o persoal da Unidade de Arritmias a revísa e avalía.

O dispositivo de “telemedicina” envía a información mediante conexións voluntarias que pode realizar o propio paciente, o que lle achega un alto nivel de seguridade tanto para o enfermo como á súa contorna. O desfibrilador subcutáneo se incluíu xa nas novas guías europeas de prevención da morte súbita.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM