Vigo al minuto

@CIGVigo convoca unha manifestación, o vindeiro mércores, día 30, “contra a precariedade e o desemprego”

Cartaz convocando á manifestación/Foto:vigoalminuto.com
Cartaz convocando á manifestación/Foto:vigoalminuto.com

A CIG da comarca de Vigo chama a saír ás rúas da cidade o vindeiro mércores, 30 de novembro -20:30 dende A Doblada-, para “dar resposta á crecente precariedade laboral, empobrecemento e desemprego que amezan o futuro da clase traballadora”.

A protesta forma parte da mesma campaña que deu lugar a unha multitudinaria manifestación o pasado 20 de setembro, e procura reactivar a loita nas rúas contra as políticas gubernamentais.

Segundo os datos da central, na comarca de Vigo hai 80.000 persoas sen emprego, segue a  destrución masiva de postos de traballo en sectores chave como industria e construción e recortes de servizos públicos esenciais. Ademais, 9 de cada 10 contratos son eventuais e aumentan os empregos a tempo parcial, “acentuando a situación de precariedade e desigualdade”.

Ademáis de todo iso, a Confederación Intersindical Galega engade que “o bloqueo á negociación colectiva por parte da patronal deseñan un panorama pouco alentador onde a mocidade se ve na obriga de emigrar e se poñen en perigo as pensións públicas”.

También te puede interesar