vigoalminuto.com - Tu peridico digital

176 maiores de 14 concellos da provincia de Pontevedra participan ao longo da semana que ven no programa ‘Depotermal’

Posted by on Nov 27th, 2016 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

programa-depotermal176 persoas maiores de 14 concellos da provincia participarán ao longo da semana que vén no programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, que promove o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas de idade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve dende setembro ata decembro de 2016, da que se están a beneficiar máis de 4.000 maiores da provincia a través de estancias en establecementos termais coa modalidade so diúrna ou con aloxamento completo.

Dende este luns,28 de novembro, ao venres 2 de decembro, un total de 27 maiores gozarán dunha estancia diúrna no Balneario de Mondariz, chegados e chegadas dos concellos do Porriño, Redondela e Soutomaior. Ademais, outras 149 persoas participarán na modalidade nocturna achegándose ao Hotel Carlos I de Sanxenxo (70 persoas) e ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo (79 persoas).  Estas 149 persoas proveñen de Pontevedra, Vigo, Redondela, Marín, Nigrán, Vila de Cruces, Arbo, Cangas, Ponteareas, Crecente, Cambados e Valga.

Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse un total de 443 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.

Na modalidade diúrna de “Depotermal”, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Illa da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Norat Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Por outra banda, na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM