vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O persoal dos sector dos centros de chamadas está convocado a secundar o vindeiro luns 28 de novembro a cuarta xornada de folga de 24 horas

Posted by on Nov 26th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

16-04-05-folga-centros-chamadas-vigo-000As negociacións para renovar o acordo que regula o sector, de ámbito estatal, atópanse na actualidade paralizadas en base á intransixencia da patronal, que pretende precarizar aínda máis as condicións laborais mentres reparte beneficios millonarios.

O sector dos centros de chamadas está situarse en 2016 en Galicia á vangarda na mobilización da clase traballadora, colleitando nada menos que tres folgas sectoriais de 24 horas tan só neste ano, ás que hai que sumar outras tres xornadas de paros parciais. E estas cifras reflicten unicamente a conflitividade relacionada coas negociacións do convenio, xa que nos últimos meses están a librarse tamén importantes loitas en empresas como Extel, onde as traballadoras deron un auténtico exemplo de combatividade e tenacidade nas súas reivindicacións contra o ERE.

No que atinxe ao resto do sector en Galicia, se ben é certo que non sofreron no ano presente despedimentos colectivos desa entidade, padécese un día a día de abusos e actitudes agresivas por parte dos departamentos de recursos humanos das empresas, que motivan un ir e vir constante das delegadas aos locais da CIG, a Inspección de Traballo ou aos xulgados do social, procurando apagar os numerosos focos na particular guerra de desgaste que libra a patronal para precarizar aínda máis o sector. E todo iso nun contexto de auxe onde continúan a repartir beneficios millonarios, sen por iso repartir en absoluto o lucro.

A proposta de suba salarial dun exíguo 1% supón, para a CIG, unha “auténtica tomadura de pelo”, tendo en conta que as subas do IPC desde a aprobación do anterior convenio “esixirían un mínimo do 8%” para uns salarios que rara vez chegan a mileuristas. A plataforma que defende a CIG propón, de feito, unha suba liñal de 540 euros para que os salarios manteñan o poder adquisitivo, así como incluir un complemento de quinquenio correspondente a 50 euros. Tamén un complemento de idioma polo eventual uso do galego ou que o traballo en sábado sexa retribuído como o dos domingos.

As propostas son aínda máis involucionistas, porén, no campo da conciliación da vida laboral e persoal, onde se na actualidade se fai extremadamente complicado coordenar as cargas familiares, agora preténdese que ao 40% do cadro se lle poidan asignar quendas horarias preavisando con tan só unha semana de antelación, podendo incluso modificarllo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM