Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Goberno de Nigrán logra parar unha suba do 200% na entrade de vehículos ao través de beiravías

Posted by on Nov 26th, 2016 y archivado abajo Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

concello-de-nigranO goberno municipal de Nigrán acadou onte no Pleno que os veciños non teñan que afrontar unha suba do 200% na  taxa de entrada de vehículos ao través de beiravías dos recibos de 2013 e 2014, tal e como figuraba aprobada polo anterior alcalde Alberto Valverde.

Foi con este obxectivo co que o goberno local levou ao Pleno unha moción de urxencia na que se pedía que nestes dous recibos se aplicase a ordenanza reguladora aprobada posteriormente pola entón oposición ao PP (no ano 2014 e en vigor dende entón). A cuestión plantexada dende o goberno saíu adiante cos seus votos e a abstención do BNG, mentras que PP, Nigrán Decide e UCN decidiron non votar a cuestión.

 “Dende o goberno local poñemos por diante os intereses dos veciños de Nigrán, que son aos que debemos beneficiar sempre. Non podemos cargalos cunha suba dun 200% desta taxa para cumplir a cambio con cuestións técnicas ou de procedemento que impedirían calquera rebaixa”, indica o alcalde, Juan González.

“Resulta paradóxico que o PP, que foi quen subiu os recibos e quen nos deixou esta herdanza, nin sequera quixese participar da votación porque precisamente eles nos levaron a esta situación ao deixar nun caixón de xeito irresponsable os recibos de 2013 e 2014, ao darse conta do impopular da medida. Agora nos toca ter que cobralos antes de que remate o ano e non estamos dispostos a facelo con esas condicións abusivas, por iso propoñemos esta moción. Os veciños non deben seguir pagando pola mala xestión tributaria do anterior goberno “, sinala. Nesta liña, responde ao Grupo Municipal Popular que “o que sí é unha completa ilegalidade é simplemente deixar de pasar os recibos, non sería ningunha solución”.

A taxa por entrada de vehículos a través de beiravías e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, e por carga e descarga foi modificada polo goberno de Valverde (BOP 248, do 28.12.12) para aumentala ata un 200%, o que significa que unha vivenda unifamiliar pasase de ter que abonar 22,05 euros ao ano a 70. “Esa aprobación feita unilateralmente polo anterior goberno de PP afecta aos exercicios 2013 e 2014, recibos que ante as críticas recibidas e o impopular da medida Valverde deixou gardados nun caixón”.

Por todo elo, os socialistas acadaron agora que estes dous recibos pendentes se cobren conforme á modificación de novembro de 2014 (forzada pola oposición de PSOE, BNG e UCN ao considerar abusiva a taxa anterior) e que é a que está actualmente en vigor.

González compara esta situación “coa recente proposta do grupo municipal do PP para multiplicar por dez o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Naturaleza Urbana -coñecida como plusvalía municipal- no caso de herdanza, modificación que finalmente o voceiro popular decidiu non levala a pleno ao comprobar que non acadaría o respaldo suficiente. A gran diferencia é que antes tiñan maioría e agora son oposición”, resume o rexedor.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM