vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Unha investigación do hospital Álvaro Cunqueiro sobre cancro de vexiga, recoñecida a nivel europeo

Posted by on Nov 24th, 2016 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

uropatologia

Un traballo de investigación realizado no hospital Álvaro Cunqueiro entre os servizos de Anatomía Patolóxica e Uroloxía foi seleccionado no Congreso Internacional celebrado a finais de setembro en Colonia como un dos catro mellores posters da área de Uropatoloxía.

O traballo foi realizado polos patólogos do hospital vigués Pilar San Miguel, José Antonio Ortiz e a residente Marina Gándara e polos urólogos Elena López e Máximo Castro, ademais de técnicos de laboratorio de Anatomía Patolóxica. O estudo pretende predicir a evolución dos carcinomas de vexija de alto grao en estadio pT1 co fin de poder determinar o tratamento máis óptimo desde os primeiros momentos de establecer o diagnóstico.

O carcinoma de vexiga en estadio pT1 é un tipo de tumor que infiltra parcialmente a parede vesical e que non se adoita tratar con cirurxía radical de forma habitual. Precisamente por este motivo é moi importante predicir o seu comportamento biolóxico nesta fase da enfermidade onde o prognóstico é aínda excelente.

A aplicación desta técnica pode supoñer, nalgúns casos, a actuación sobre o paciente de forma precoz, o que constituiría unha importante innovación para atallar a expansión deste tipo cancros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM