Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu periódico digital

Un paseo pola ollada salgada do mar en Bouzas

Posted by on Nov 24th, 2016 y archivado abajo Cultura, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

paseo-literario-bouzasA Concellería de Normalización Lingüística organiza este sábado 26 de novembro un paseo literario por Bouzas no que os participantes poderán gozar das olladas salgadas desta zona da cidade.

Nesta andaina, de dúas horas de duración, os interesados poderán rastrexar a ligazón de Bouzas co mar, unha vila que naceu a carón do mar para vivir do mar. Visitaranse as casas das familias mariñeiras e das familias armadoras ou propietarias dos estaleiros.

Tamén pasarase polas fábricas que naceron para explotar o mar ou os vestixios que permanecen e polos estaleiros. E falarase do sal, que durante moitos séculos permitiu conservar o peixe e deixou pegada en forma de topónimo.

A andaina sairá ás 11.00 horas do adro da igrexa de Bouzas. A organización recomenda levar zapato cómodo. Os interesados poderán inscribirse enviando un correo electrónico con nome completo e teléfono a [email protected]

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM