Comarcas

Este xoves, día 24, folga no ensino medio contra a LOMCE

folga-ensinoAs asociacións estudantís convocan unha xornada de folga no ensino medio para este xoves, 24 de novembro, en contra da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce).

A folga irá acompañada de diversas mobilizacións que comezarán ao mediodía nas sete cidades galegas -Santiago de Compostela na Alameda; A Coruña, Praza da Palloza; Ferrol, Edificio da Xunta; Lugo, Praza do Seminario; Ourense, subdelegación do goberno; Pontevedra, Praza da Peregrina e Vigo na Praza América.

También te puede interesar