vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Caballero subliña que Vigo xa esta no transporte metropolitano e instó a quen pense o contrario que acuda á xustiza

Posted by on Nov 23rd, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

alcaldeO alcalde asegurou este mércores que o Goberno local sumouse ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta o pasado mes de xullo “que é o que tiña que facer” e separou este tema da posta en marcha da Área Metropolitana, xa que o transporte “é un plan da Xunta e nada ten que ver” co Área.

Abel Caballero subliñou que Vigo cumpriu xa o seu compromiso asinando o convenio do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e que “dende aí as interpretacións que se fagan do mesmo corresponden aos xurídicos e aos técnicos do Concello, non ao alcalde”, engadindo que se esa interpretación dos técnicos municipais e dos técnicos da Xunta non coinciden, o convenio contempla que as discrepancias han resolverse pola xurisdición contencioso-administrativa.

Así, Caballero instou a “que se cumpra o convenio e se hai desacordo, como é este caso, que se acuda á vía xurídica”, como se indica no convenio.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM