Vigo al minuto

O Goberno de Galicia insiste en que Vitrasa e o Concello seguen sen homologar o sistema de pago do transporte metropolitano

vitrasa1O Goberno de Galicia ven de enviar aos medios copia do convenio asinado 6 de xullo pasado entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta, o Concello e Vitrasa para a integración  do Concello de Vigo na Área de Transporte Metropolitano.

No mesmo, indica a Consellería de Vivenda, a estipulación sétima establece que “o Concello de Vigo e Vitrasa asumen o compromiso de homologar o actual sistema de cancelación para o seu funcionamento no Plan de Transporte Metropolitano, e manter un sistema compatible co sistema de pagamentos do transporte público de Galicia e a tarxeta metropolitana sen contactos (….)”.

E, engade a consellería, o anexo 9, “tamén asinado por todas as partes”, se recollen as tarifas actuais do transporte metropolitano e se fixa expresamente o prezo da viaxe no transporte urbano de Vigo en 0,86 céntimos de euro.

Hai que lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, reiterou o sábado o que xa declarará a conselleira, Ethel Vázquez o día anterior, que “nin o Concello de Vigo nin Vitrasa” cumpriron aínda co seu compromiso de presentar ante a Administración autonómica a homologación dos dispositivos de cobro necesaria para a integración do autobús urbano da cidade no Plan de Transporte Metropolitano.

vitrasa2Por su parte, o Concello asegurará anteriormente que a Xunta é quen ten a responsabilidade da homologación destes dispositivos e que agardaba ese trámite, do que non tiñan comunicación por parte do Goberno de Galicia.

As autoridades municipais aseguraban que “en canto se reciba a homologación, o transporte metropolitano entrará en funcionamento axiña”.

También te puede interesar